
Editado por Xerais, por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística na Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abórdase a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel, etc.
Ábrese un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego" e das inspeccións por "exagerado acento gallego".
Fálase da profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII