Evento

Homenaxe no Barco ao pintor Jesús Díaz Ferrer

2022-06-07
h
Sala de Exposicións de Abanca / Praza Andres de Prada, 1
Autorretrato de Jesús Díaz.
photo_camera Autorretrato de Jesús Díaz.
O Barco conmemora coa exposición "Esencial" o centenario do nacemento de Jesús Díaz Ferrer

Esencial é unha exposición de homenaxe e conmemorativa polo centenario do nacemento do pintor valdeorrés que ten como comisario a Luis Enrique Rodríguez Arias.

O acto está organizado pola Concellaría de Cultura e reúne 48 debuxos, gravados e bosquexos do autor. 

Esencial poderá verse até o vindeiro 18 de xuño.