
A presentación do novo disco de Guezos terá lugar no Liceo de Ourense
O grupo ourensán Guezos presenta novo disco, composto de sete cancións, entre elas tres versións que levan anos acompañando o grupo ourensán, que baixo o título de Faíscas representa o paso fugaz do tempo, das vidas.
Na presentación, que terá lugar no Liceo de Ourense, estrearase o videoclip da canción Faíscas.