Evento

Grande Amore, no Revenidas 2022

2022-09-09
19:00 h
Porto de Vilaxoán de Arousa
Nuno Pico, Grande Amore, actuará ás 23.05 horas no Revenidas.
photo_camera Nuno Pico, Grande Amore, actuará ás 23.05 horas no Revenidas.
Grande Amore será un dos grandes protagonistas da xornada de hoxe do Revenidas

Continúa o festival Revenidas 2022 que hoxe ten previstas en total oito actuacións, a destacar a actuación de Grande Amore a partir das 23.05 horas.

Mais previamente, e desde as 19 horas, o programa do festival acubillará as actuacións de SonDaRúa que dará paso, a partir das 19.50, a Lendakaris Muertos.

A seguir, Bratzantifa, que ten prevista a actuación para as 21 horas. E previamente a Grande Amore, desde as 21.45 horas, quen ocupará o escenario do Revenidas será o hip hop de SFDK.

Logo, xa no sábado, Talco actuará ás 0.15 horas e Moscow Death Brigade ás 2.15 horas. Entre estas dúas actuacións chegará a música de Duendeneta, que tamén porá o ramo á noite, a partir das 3.15 horas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.