
A presentación da nova novela de Francisco Rodríguez terá lugar no Centro Cultural da Guarda
Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo I. A relevancia do reino galego medieval ´é unha obra que percorre a etapa medieval de esplendor do reino da Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV.
Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.