Evento

Fisterra Blues Experience: programación e artistas

2022-06-10
21:00 h
Campo de Fútbol Ara Solis (Escenario Xacobeo 21-22) / San Martiño de Abaixo, 70
A cantante Guadi Galego fará parte deste festival.
photo_camera A cantante Guadi Galego fará parte deste festival.
O Fisterra Blues Experience contará coa participación de Guadi Galego, Adrián Costa Blues Band; entre outros

Nova edición do FIBE que durante tres días acollerá a vila de Fisterra. Nesta primeira xeira tocarán Adrián Costa Blues Band (Galiza), antigo integrante de Siniestro Total, ás 21 horas.

Ás 22.15 horas subirá ao escenario Guadi Galego (Galiza) coas súas melodías profundas e intimistas, e xa cando sexan as 23.30 horas será a quenda para J.P. Bimeni & The Black Belts (Burundi), unha banda que desprende soul a mares.