Evento

Arrinca o Festival solidario Empatiza 2022

2022-09-23
18:00 h
Praza da Mosqueira
Lacón con Grelos Blues Band amenizarán a fin das xornadas.
photo_camera Lacón con Grelos Blues Band amenizarán a fin das xornadas.
O Festival solidario Empatiza terá lugar a partir das 18.00 horas na Praza da Mosqueira de Lugo

Dentro da programación das II Xornadas de Esclerose Múltiple que organiza Alucem, e como acto final das mesmas, preséntase un gran concerto a cargo de bandas locais, xuntando deste modo a visibilidade a unha enfermidade coa cultura lucense.

Nesta ocasión os grupos encargados de darlle o ton festivo son SudaKs, Moondanal, Filophóbicas, Unha mesa para dúas, Conduto Coloquio, Lacón con grelos Blues band e mais Skintight.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.