Evento

Festival de Ortigueira 2022: programación, horarios e artistas

2022-07-12
21:00 h
Escenario Estrella Galicia / Porto de Ortigueira
O grupo Batea será o representante galego desta xeira.
photo_camera O grupo Batea será o representante galego desta xeira.
Na xornada de hoxe do Festival de Ortigueira participarán Folk on Crest, Batea e Jdc

A xornada comeza ás 21 horas coa actuación de Folk on Crest, grupo salmantino, gañadores da votación popular, fusionan a súa creatividade para crear un estilo propio, coa mestura de temas tradicionais e de composición propia.

Posteriormente será a quenda, 22 horas, de Batea. O grupo vigués, que naceu en 2020, é un proxecto netamente instrumental, cheo de intensidade e orixinalidade, no que a sonoridade da música celta irmándase coa do rock.

Os seus seis integrantes, músicos con traxectorias e formacións diversas, achegan cada un a súa visión ao proxecto para confluíren nunha proposta musical única.

Xa, ás 23 horas, tocarán Jdc, grupo liderado polo artista madrileño Jesús del Castillo, con gran coñecemento da gaita galega e gaita electrónica.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.