
A xornada de hoxe do Festival de Ortigueira comeza ás 21 horas coa actuación de Germán Ruiz, que en 2006 aprendeu a escoitar e decidiu dedicar a súa vida á música.
Desde entón non parou de aprender, de tocar e de ensinar. Foi formado por algúns dos mellores gaiteiros galegos, como por exemplo Anxo Lorenzo.
Ás 22 horas estará Trikitrí cun repertorio influenciado polo son da trikitixa (o acordeón diatónico vasco) ao que se une unha curiosa mestura de instrumentos para compor temas tradicionais galegos con sabor vasco.
Groovy Celtic Band tocará ás 23 horas, esta banda de seis experimentados músicos estremeños, que comparten a súa paixón pola música irlandesa e a música tradicional do arco atlántico, levan tocando xuntos máis de vinte anos.