Evento

Festival Maré 2022 en Compostela

2022-09-22
21:30 h
Sala Capitol / Rúa de Concepción Arenal, 5
Catuxa Salom actuará xunto a Chico César na Capitol.
photo_camera Catuxa Salom actuará xunto a Chico César na Capitol.
Catuxa Salom e Chico César serán os grandes protagonistas da xornada que terá lugar na Sala Capitol de Compostela

Concerto dentro do Festival Maré 2022 na Sala Capitol no que actuarán Catuxa Salom e Chico César.

Catuxa é, tal como se define ela, metade arxentina metade galega que vive nunha aldea da Pontenova e que fabrica unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico.

Chico César é compositor e ten colaborado en numerosos discos e xiras de grandes artistas como Chico Buarque, María Betania, Daniela Mercury, Richard Galliano ou Luis Pastor, entre outros. Gañador do Premio da Música Brasileira nas categorías rock, reggae, hip hop e funk, Chico César sorprende cun novo disco, o décimo da súa carreira, con ritmos brasileiros, occidentais, caribeños e africanos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.