
A homenaxe ao recentemente falecido Domingo Villar centra a xornada de hoxe do Festival da lectura Selic de Compostela
Tres actividades centran hoxe o Festival da lectura:
- Por unha parte, desde as 16.30 horas, e partindo do Arco de Mazarelos, terá lugar o roteiro Santiago de canto em lenda, paseo guiado por Susana S. Arins pola contorna de Mazarelos.
- A seguir, a praza do Toural acollerá outras dúas actividades:
- Ás 18.30 horas Diego Ameixeiras e Mr. Cool repasarán a pegada musical da propia obra de Ameixeiras O cervo e a sombra, editado por Xerais, nunha palestra aberta.
- Rematarase, a partir das 20 horas, cunha homenaxe ao narrador galego recentemente falecido Domingo Villar cunha lectura pública das súas obras editadas por Galaxia: Ollos de auga, A praia dos afogados, O último barco e Algúns contos completos.