
O Festival da lectura Selic 2022 terá como protagonistas da primeira xornada a James Rhodes, Mario Regueira ou a Belén López
Primeira data do festival no que poderemos gozar de varias actividades comezando ás 16.30 horas polo roteiro Construíndo a capital das letras. Compostela na narrativa galega do século XX, visita guiada por Mario Regueira que partirá da praza da Galiza.
Posteriormente, a praza do Toural acollerá as seguintes actividades:
- Ás 17 horas, presentación de As herbas de San Xoán. Caderno de campo para faceres o cacho, de Silvia Domínguez Torrado (Patas de Peixe Editora).
- Ás 18.30 horas a proxección fotográfica da man de Alvarellos Editora de As imaxes de Evita en Compostela, no 75 Aniversario con Carlos Castelao.
- Fechará a xornada a conversa Entre as letras e as notas que a xornalista Belén López manterá con James Rhodes ás 20 horas.