Evento

IV Festival de Folk Sisalde en Arteixo

2022-09-24
12:00 h
Fraga de Sisalde, Barrañán
Luar na Lubre fai parte hoxe do festival de Sisalde.
photo_camera Luar na Lubre fai parte hoxe do festival de Sisalde.
Luar na lubre, Astarot e D'Urria serán algúns dos protagonistas do Festival de Folk Sisalde

Por fin, despois de dous anos e un aprazamento a principios deste mes, volve o folk a Sisalde.

E aínda que as actuacións principais comezan ás 20 horas, xa desde o mediodía temos actividade do festival con postos de artesanía, xantar, xogos para crianzas e a animación de diferentes agrupacións, como da Asociación Xuvenil Xiradela, da AC Triskel ou as bandas de gaitas de Abelladeira e a da Veiga de Espiñareda.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.