Evento

I Festival Céltico no Irixo

2022-09-02
22:00 h
Campo da Feira / San Amaro
I Festival Céltico.
photo_camera I Festival Céltico.
O festival, organizado por Leirabuxo, terá lugar no Campo da Feira do Irixo a partir das 22.00 horas

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores en 2010, froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da música tradicional.

As inquedanzas destes catro amigos fixeron que se xuntaran para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir o público facendo música tradicional do noso pais, con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome: Leirabuxo.

Nos seus comezos, o proxecto estaba composto polos irmáns Manuel Varela, Román Varela, Carlos Varela e Carlos Fandiño.

Posteriormente incorporáronse Xosé Luis Barreiro, David Fernández e as voces de Carla e Lía Rey.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.