Evento

Festival Arteficial 2022: programación e horarios

2022-09-03
12:00 h
Diversas localizacións
As Fillas de Casandra actçuan hoxe en Ribadavia ás 13 horas.
photo_camera As Fillas de Casandra actçuan hoxe en Ribadavia ás 13 horas.
Consulta o programa completo da edición deste ano do Festival Arteficial que terá lugar en varias localizacións de Ribadavia

Arteficial é unha asociación formada por un grupo de mozas e mozos da comarca do Ribeiro que nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural desde unha postura contemporánea e innovadora, atendendo así a demanda da xuventude en xeral.

O cartel do sábado comeza coa presentación da novela Tulleito de Isaac Pedrouzo (Mont Ventoux Editorial), no Museo Etnolóxico.

Tamén ás 12 horas haberá Cabezudos e Tabaleiros polas rúas. Ás 13 horas actividade infantil Trasnadas Climáticas na Alameda.

Os concertos comezan coa actuación de As Fillas de Casandra, 13 horas, seguido de Copa Turbo, Espineli, Venga Venga, Unsafe Space Garden, Directo 90'Grand Sun, Isaac Pedrouzo e Gator The Alligator.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.