Evento

Festiletras 2022: programación venres 2 de setembro

2022-09-02
11:00 h
Aldea do Couto
Dios Ke Te Crew actuará hoxe xunto a xente amiga.
photo_camera Dios Ke Te Crew actuará hoxe xunto a xente amiga.
Consulta todos os actos programados na xornada de hoxe do Festiletras de Ponteceso

Na xornada da mañá:

  • A xanela do maxín con Toupiciencia.
  • Rosa Aneiros con Xelis, o guieiro das botellas do mar.
  • Miguel Mato con Sisley no xungal da Trabe.
  • Suso Lista con Salseiros.
  • Alexandre Nerium falará de Vogar de couse.
  • Sabela con Que queres ser de maior.
  • Erica Esmorís con Nena e o mar.
  • Olaia Sendón con A crebeira marabilla.
  • Os Quinquilláns representarán Por que é salgada a auga do mar?

Xa de tarde, a partir das 19 horas:

  • Na Eira de Pailetes, actuacións de Lowcos e Zenzar.
  • Na Praza do Quinteiro representación teatral da compañía Badius e a obra A peregrinaxe.
  • No escenario Fundación Eduardo Pondal, ás 23 horas actuación de The Rapants e Dios Ke Te Crew e amigos. Intervencións de Mutante Creativo, Cestola na Cachola e Juan Rivas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.