Evento

Festa dos Libros Pontevedra 2022: programación e autores

2022-07-08
11:30 h
Praza da Ferraría
María Reimóndez falará de 'Bárbaras'.
photo_camera María Reimóndez falará de 'Bárbaras'.
Consulta a programación e os autores convidados á Festa dos Libros de Pontevedra

Esta é a programación para a Festa dos Libros de Pontevedra deste ano:

  • Ás 11.30 horas, contacontos Terra a nosa, a cargo de Polo Correo do Vento sobre Florencio Delgado Gurriarán.
  • Ás 12.30 horas conversa con Xosé Álvarez Castro, Afonso Eiré e Luis Rei Nuñez sobre os seus libros Os anos do silencio (Editado por Xerais), Ausentes (de Hércules Edicións) e Matarán a Reboiras (Xerais); modera María Xesús López Escudeiro.
  • Ás 18.15 horas, recital do Colectivo Maiakovski baixo o libro Intimidación, editado por Xerais; presenta Ramón Rozas.
  • Ás 19.15 horas Diego Ameixeiras conversa con Mercedes Corbillón.
  • Xa nas 20 horas farase unha homenaxe a Domingo Villar.
  • Posteriormente, ás 20.45 horas, conversa arredor da menstruación, con María Reimóndez co seu libro Bárbaras (Xerais) e Laura Veiga de Pingando.gal.
  • O día remata co concerto de Protois

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.