
Segunda xornada da feira que comeza ás 11 horas coa sinatura de Fluyendo como el agua (Círculo Rojo) de Finy Sesmonde na caseta da libraría Cortizas durante todo o día.
Tamén, na mañá, ás 12 horas, María Xosé Lamas asina Cantigas para aprender a soñar (Embora) e Sonetos preposicionais (Alvarellos) na caseta da libraría Carlín.
Xa, pola tarde, ás 18 horas, Luis Vázquez Somoza asina O Conserxe (Xerais) na caseta da libraría Pedreira e, posteriormente, coincidindo na hora, ás 19, Juan Galán asina El eco de tu voz (Medulia) na caseta da libraría Pedreira e Luz Airado asinará varias das súas obras na caseta da libraría Andel.
Asemade, a organización realizará varios obradoiros infantís á mañá, ás 12 horas e, pola tarde, ás 17.30, programa unha actuación a cargo de 'Pakolas'.