
Consulta a programación completa da xornada de hoxe da Feira do Libro de Vigo
A xornada de hoxe da Feira do Libro de Vigo conta coa seguinte programación:
- Contacontos do libro Os nosos mares, con Silvia Freiría por Edt. Miudiño.
- Ás 12 horas Fon asina Cósmico, bombeiro galáctico na caseta da Libraría A Gata Tola.
- Xosé Perozo asinará Historia do vampiro que perdeu os cabeiros na caseta da Librería Espazo Lector Nobel Gran Vía, ás 12.30 horas.
- Na mesma hora hai o Encontro literario: Un café con Pablo Rivero por Suma Editorial.
- Ás 17 horas presentación de Pandrama, de Alfonso Becerra por Edicións Laiovento.
- Ás 18 horas Ramón Otero asina Magna na caseta da Libraría Librouro e presentación A soidade selénica de Juan Parcero por Editorial Galaxia.
- Noelia Ramos e Ramón Quintas asinan Camiño portugués da costa na caseta da Libraría Pedreira.
- Ás 19 horas Pedro Feijoo asina en Libraría Pedreira.
- Ás 20 horas María Reimóndez asina Bárbaras e Cobiza na libraría Librolouro.