Evento

Feira do Libro 2022 en Vigo: programación, horarios e sinaturas

2022-07-06
11:00 h
Rúa Príncipe e contorna do Marco
Blanca G Crespán asinará exemplares do seu último libro.
photo_camera Blanca G Crespán asinará exemplares do seu último libro.
Consulta os autores que estarán firmando hoxe nas casetas da Feira do Libro de Vigo

Nova xornada da Feira do Libro 2022 en Vigo que ten como actividades principais catro presentacións:

  • Ás 17 horas, Soños de beiramar (Kalandraka) de Rosa Estévez Gantes.
  • Ás 18, Animalario de ler a diario (Xerais), de Eduard Velasco e con Berta Dávila. 
  • Ás 19, María Casares (Aira), de Arancha Estévez e con César Lorenzo.
  • Ás 20 horas, Historia da Galiza pequeniña (tamén de Aira), de César Celequiños e Jorge Campos.

Polas distintas casetas teremos, asinando os seus libros, a entre outros: Daniel Ugarte, Isabel Blanco, Cristina Pato, Nesa Costas, Federico Fernández, Mask, Xabier Queipo, Charo Pita e Alex Mene e Blanca G. Crespán.

A maiores, decorrerá o espectáculo de animación Extra! de Paco Nogueiras.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.