
María Reimóndez, Toño Guede e César Cequeliños son algúns dos protagonistas da Feira do Libro de Ourense
Xornada con múltiples actividades e encontros na feira desde a súa apertura ás 11 horas.
A destacar o acto central, das 20 horas, de presentación de Cobiza (Xerais), de María Reimóndez, que contará coa presenza de Éric Dopazo.
Asemade, serán varias as autoras e os autores presentes na xornada para asinar as súas obras nas distintas casetas:
- Toño Guede, con Só ficarán cinzas en algures (Galaxia), ás 11 horas, na caseta da libraría Espazo Lector Nóbel.
- Na da Libraría Pedreira, Miguel R. Carnota, ás 18 horas, con Lingua, poder e adolescencia (Xerais).
- César Cequeliños e Jorge Campos, ás 20 horas, con Historia da Galiza pequeniña (Aira).
- Na caseta da Libraría Eixo, Manuel Iglesias Turnes que fará o propio con Os soños de Miguel (Xerais) ás 18.30 horas.