Evento

Feira do libro en Nigrán: data e escritores convidados

2022-04-23
16:00 h
Nova Biblioteca Municipal / Praza Rosalía de Castro, 120
Marta Dacosta participará na feira do libro.
photo_camera Marta Dacosta participará na feira do libro.
A Feira do libro en Nigrán contará coa presenza de numerosos escritores e actividades culturais

Celebración do día do libro cunha ampla oferta de obradoiros (narrativa, poesía, teatro, contos, baile...).

Artistas como a poeta Marta Dacosta encherán a sala de poesía con Notas sobre a extinción; o escritor e editor Fran Alonso realizará un recital poético Dende a terraza; Luisa Martínez Lorenzo realizará un obradoiro para adultos sobre Libros de ciencia para irse á cama; Noelia Muíños e Ramón Quintas, de Papelier, mostrarán o seu libro Camiño Portugués dá Costa.

En narrativa, Fran Fernández Davila estará a asinar a súa última novela O Bosque do Duque. Pedro Rodríguez, realizará un obradoiro de Creación de personaxes dramáticos. A escritora Soledad García asinará o seu libro Un Paseo por Nigrán.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.