
Consulta que autores estarán asinando na Feira do Libro da Coruña 2022
Cuarta xornada da Feira que hoxe ten a destacar sendas conversas na carpa 1:
- Ás 18 horas Das pantallas ás letras, entre Tamara Pazos, Claudia Pradas e Nacho Neuronacho arredor da divulgación científica e a saúde mental.
- Ás 19 horas, María Casares, unha lenda esquecida, entre María Canosa e Arancha Estévez con Xosé Duncan e César Lorenzo por Editorial Bululú e Aira Editorial.
- Asemade, teremos as presentación de Alén da desventura (Galaxia), de Xavier Alcalá e Siro con Tati Mancebo, ás 19.30 horas na carpa 2, e Folla con él. Todas las versiones de Siniestro Total y sus circunstancias (Trama Editorial) con Julian Hernández e Álvaro Dorda, esta na carpa 1.
- E, todo o día, sinaturas de autoras e autores.