
Continúa a Feira do Libro da cidade herculina na que hoxe participan, nas distintas casetas instaladas, asinando as súas obras Almudena Santamaría, Javier Fraiz, Alba Remacho, Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Xesús Trashorras, Manuel Monge, Charo Balneirón, Alejandro Mosquera, Lucía Cobo, Branca Vilela. Rober H. L. Cagiao, Suso Lista, Xoán Rubia ou Ernesto Penas Lado.
Asemade, temos como presentacións destacadas, Animalario de ler a diario (Xerais) de Eduar Velasco coa presenza de Yolanda Castaño, ás 17.30 horas na carpa 2, e Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (Galaxia) de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira, con Tati Mancebo na carpa 1 ás 19 horas.