Evento

Feira do Libro da Coruña 2022: programación 6 de agosto

2022-08-06
11:00 h
Xardíns de Méndez Núñez
A divulgadora Iria Veiga fará parte dunha das palestras de hoxe.
photo_camera A divulgadora Iria Veiga fará parte dunha das palestras de hoxe.
Consulta os autores que participarán na xornada de hoxe da Feira do Libro da Coruña

Día principal da feira que enche de actividades o centro da cidade e no que se renderá homenaxe a Luz Pozo Garza ás 20 horas pola editorial Alvarellos na carpa 1.

Tamén, a destacar, na carpa 2, ás 19.30 horas, o coloquio Literatura+ciencia: a conciencia precisa, entre a escritora Estíbaliz Espinosa, Ariana Fernández Palomo, presidenta de La Ciencia es Femenina, o físico Jorge Mira, e a psiquiatra Iria Veiga, moderada por Ana Correas, doutora en Bioloxía, ex coordinadora do MUNCYT da Coruña.

Ou as presentacións de Diferentes Diferenzas de Editorial Bululú, de Silvia Penide, ás 17.30 horas na carpa 2, ou de O camiño de lume, de María Oruña con César Lorenzo por Aira Editorial, esta ás 19 horas na carpa 1.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.