
Suso de Toro, Eva Mejuto e Xesús Fraga serán algúns dos protagonistas da Feira do Libro de Compotela
A Feira do libro de Compostela contará nesta xornada cos seguintes participantes:
- Finy Sesmonde estará na caseta da libraría Ler, a partir das 12 horas.
- Ás 13, Manuel Veiga Taboada asina na caseta da libraría Agrasar.
- Ás 17.30 actuación de Xarope Tulú.
- Ás 18 Rosalía Bermúdez asina na caseta da libraría Cortizas e Pemón Bouzas na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 18.30 presentación do libro de Miguel A. Cajigal Vera.
- Eva Mejuto asina, ás 19 horas, na caseta da libraría Pedreira e José Miguel Valle na caseta da libraría Aenea.
- Ás 19.30 horas encontro con Suso de Toro e Xesús Fraga.