Evento

A Feira do Libro 2022 de Lugo continúa na Praza Maior da cidade

2022-05-20
11:30 h
Praza Maior de Lugo
Irene Montero Díaz asina hoxe a súa obra 'Lúa Nova'.
photo_camera Irene Montero Díaz asina hoxe a súa obra 'Lúa Nova'.
Paco Rivas, Irene Montero e Pemón Bouzas serán algúns dos protagonistas da xornada literaria

Entre a programación de hoxe da Feira do Libro 2022 de Lugo destacan os seguintes actos:

  • Ás 12 horas, Romance de Don Dinís e Dona Helena (Medulia) de Paco Rivas.
  • Ás 13 horas, Talasonimia da Mariña luguesa. Os nomes do Mar (Embora e Deputación de Lugo) de Paco Rivas.
  • Ás 18.30, Palmeiras, piueiros (Chan da Pólvora) de Anxo Angueira.
  • Ás 19.30, Operación Marea Negra (Ediciones B) de Javier Romero.
  • Desde as 12.30 horas e durante todo o día, Juan J. Prieto asinará as súas obras na caseta da libraría Biblos.
  • desde as 17.30 fará o propio Finy Sesmonde na caseta da libraría La Voz de la Verdad.
  • Ás 18, Irene Montero asina Lúa Nova (Xerais) na caseta da libraría Cortizas.
  • Desde esa mesma hora, na caseta da Libraría Pedreira estarán tres autores: Luz Airado; ás 19, Kike Gómez; e ás 20, a Pemón Bouzas.​

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.