
O Grupo Bazán presenta a súa nova mostra fotográfica "Xeitos" na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública Municipal de Narón
Xeitos consta de 34 fotografías realizadas polo colectivo cultural Grupo Bazán integrado por Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella. O grupo ten máis de catro décadas de existencia.
A mostra fotográfica pode verse até o 30 de maio na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública Municipal de Narón.