Evento

Exposición en Vigo: "Vieiros na memoria" de Manuel Moldes

2022-05-04
12:00 h
Casa Galega da Cultura / Pza. da Princesa, 2
Manuel Moldes en pleno traballo de creación.
photo_camera Manuel Moldes en pleno traballo de creación.
Manuel Moldes presenta a súa exposición "Vieiros na memoria" na Casa da Cultura de Vigo

A exposición Vieiros na memoria quere revelar o interese de Manuel Moldes polo debuxo e o grafismo, tanto como disciplina autónoma como aplicado á pintura e os seus procesos, pendentes dun lapis, dun bolígrafo ou dun papel desde o que pulsar ideas.

A mostra pode verse até o 22 de maio na Casa Galega da Cultura de Vigo.