
A exposición, que recolle debuxos e pinturas do artista José Otero Abeledo (Laxeiro), poderá verse na Casa das Artes de Vigo
Laxeiro inédito I está composta por debuxos e pinturas procedentes de coleccións particulares, que permite revisar esa primeira etapa da traxectoria de José Otero Abeledo (Laxeiro).
Particularmente nas escenas de entroidos, Laxeiro combina a tradición rural galega cunha mirada entre crítica e irónica que tende a ofrecer unha estampa máis ben esperpéntica do ser humano.
A mostra permite detérmonos noutros motivos queridos polo pintor: A infancia e o románico. Poderá verse até o 5 de xuño.