
O segundo andar do Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, acolle a exposición "Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño".
Entre as obras expostas atopamos pezas asinadas por artistas e deseñadores de todo o século XX e principios deste, como Ray, De Chirico, Le Corbusier, Dalí, Fini, Eames, Mollino, Aulenti, Castiglioni, Noguchi ou Oppenheim.
Cesión de obras procedentes na súa maioría do Vitra Design Museum, pero tamén de coleccións, fundacións e museos de todo o mundo.
A exposición presenta unha selección de máis de 280 pezas, entre vídeos, imaxes, obxectos, carteis, revistas, pinturas ou esculturas; entre outras. Agás a segunda feira, o resto de días permanece aberta. É totalmente gratuíta.