
A mostra de Antonio Navarro poderá verse até o vindeiro 30 de agosto na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira
A textura do silencio, obra en papel é un conxunto de obras creadas en gravado ao carborundo, proceso no que o autor leva traballando desde 2003, e que lle proporcionou un dos premios no Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella.
Desde o uso do carbón como soporte tridimensional, Antonio Navarro amosa esa translación ao formato bidimensional, traballos convertidos en arte.