Evento

A exposición "Retrospectiva" de Quique Guerra chega a Lugo

2022-05-25
09:00 h
Museo Provincial / Praza da Soidade
Esculturas e pinturas presentes na mostra Retrospectiva de Quique Guerra.
photo_camera Esculturas e pinturas presentes na mostra Retrospectiva de Quique Guerra.
A mostra de Quique Guerra poderá verse até o 29 de xuño no Museo Provincial de Lugo

Retrospectiva é unha escolma da obra escultórica e pictórica do artista mariñao Quique Guerra.

Un total de 25 pezas seleccionadas por Tá en Artes e pola directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, en homenaxe ao artista falecido no ano 2016.

A mostra inclúe trece esculturas que amosan a súa preferencia polo traballo con materiais naturais, como madeira, pedras ou óso de balea, e doce óleos que reflicten a influencia na súa obra de referentes clásicos coma Seoane ou Laxeiro.

A obra estará exposta até o 29 de xuño no Museo Provincial de Lugo. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.