Evento

Exposición en Pontevedra: "O Inefable" de Chelo Rodríguez e Fernando Carballa

2022-05-10 a 2022-06-17
18:00 h
Sala de exposicións do Pazo da Cultura / Rúa de Alexandre Bóveda
A pintora Chelo Rodríguez diante dun dos seus cadros.
photo_camera A pintora Chelo Rodríguez diante dun dos seus cadros.
A mostra de Chelo Rodríguez e Fernando Carballa estará exposta no Pazo da cultura até o 17 de xullo

O Inefable, comisariada por Lola Varela, é a nova mostra dos artistas de diferentes disciplinas Fernando Carballa e Chelo Rodríguez.

Nela presentan o seu traballo, a través dun diálogo entre eles, de xeito que desde a individualidade das súas obras vai existir unha ligazón, un nexo que leva ao proxecto cara a un lugar común; o universo interior do invisíbel.

 

 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.