
O Inefable podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio.
Pero é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición de Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansábel necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.
O esforzo por desvelar o inefábel amosa camiños ben distintos, mentres Chelo emprega espazos interiores, cheos de luz e de cor, Fernando xoga a desvelar a materia a través da livián e suxestiva porcelana.