Evento

Exposición en Pontevedra: "Arte prehistórica. Da rocha ao museo"

2022-09-07
18:00 h
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra / Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
Pezas reunidas de distintos museos conforman esta exposición.
photo_camera Pezas reunidas de distintos museos conforman esta exposición.
A exposición "Arte prehistórica. Da rocha ao museo" poderá verse até o 9 de outubro no Museo de Pontevedra

Até o 9 de outubro o Museo de Pontevedra ten aberta esta exposición, unha homenaxe á arte rupestre, que conta como principal atractivo coas visitas guiadas que desenvolve o persoal do departamento de Educación do propio Museo e que ofrece un percorrido explicativo sen necesidade de inscrición previa.

Conta con máis de 250 pezas procedentes de diversos museos, algunha exhibida por primeira vez despois de 70 anos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.