Evento

Exposición en Pontevedra: "Do final e do comezo" do alumnado de Belas Artes

2022-09-14
18:00 h
Sala de exposicións do Pazo da Cultura / Rúa Alexandre Bóveda
Raquel Álvarez, unha das alumnas que presenta a súa obra nesta exposición.
photo_camera Raquel Álvarez, unha das alumnas que presenta a súa obra nesta exposición.
A mostra poderá verse até o 30 de outubro na Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Inaugurada na pasada quinta fera, é o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xermolado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Froito dunha procura, non sempre sinxela, e da necesidade de amosar nun proxecto final os intereses e as inquedanzas, as poéticas e as realidades, as experiencias e as aprendizaxes, os erros e os acertos, de toda unha promoción, 26 alumnas e alumnos, a través dos Traballos Fin de Grado.

A mostra aproxima o público ás cuestións abordadas polo alumnado na súa formación

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.