Evento

Exposición na Pobra do Caramiñal: "Encontros" de Cris Corral e Asun Rodríguez

2022-09-06
10:00 h
Casa da Cultura Raquel Fernández Soler / Estrada Gasset, 55
Unha das pezas da exposición "Encontros".
photo_camera Unha das pezas da exposición "Encontros".
A exposición poderá verse até o 30 de setembro na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

A pintura será a expresión artística protagonista dunha nova exposición na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal a través das obras de Cris Corral e Asun Rodríguez, ‘Marod’.

Nesta exposición, composta por até 45 obras de ambas as pintoras, plásmanse diversos temas que son do seu interese e nas que empregan, principalmente, a técnica da acuarela como recurso artístico.

A inauguración desta mostra conxunta tivo lugar na pasada quinta feira, 1 de setembro, e contou coa participación do grupo Arrancadeira, e durante todo o mes permanecerá aberta nestas instalacións municipais.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.