Evento

Exposición en Ourense: "Naufraxios da alma" de Abelardo Manuel Rodríguez López 'Zeta'

2022-09-07
11:00 h
Sala 1 do Centro Cultural Marcos Valcárcel / Rúa do Progreso, 30
Abelardo Manuel
Rodríguez López, 'Zeta'.
photo_camera Abelardo Manuel Rodríguez López, 'Zeta'.
A exposición de 'Zeta' poderá verse até o día 1 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

O Centro Cultural Marcos Valcárcel vén de inaugurar nesta esta exposición centrada no ruinoso, no relado polo tempo, aquilo que foi corroído nunha transición do pasado ao presente.

O artista ourensán 'Zeta' propón unha colección de obras baseadas no paso do tempo para transmitir ás persoas espectadoras un universo melancólico, de soidade.

'Zeta' transforma o desfeito nunha obra elegante e a pintura en escultopintura. A exposición permanecerá aberta na Sala 1 do Centro Cultural Marcos Valcárcel até o día 1 de novembro.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.