
As Carrexadoras é unha exposición, cunha temática, que acompaña a autora sempre. É algo icónico na súa pintura.
Elas, as carrexadoras, levaban o mundo de un lado para o outro e facían medrar esa tribo do mar. Nesta serie preténdese pintar o que é o corpo enteiro e resaltando a forza do que é a anatomía.
Eses corpos que son como piares que están aguantando do mundo. E levan tamén as redes, esas invisibles que non tocan nin tan sequera un anaco de mar agás aquel que se perde na memoria ou no horizonte coma unha liña de escape que asemella esquiva.
Porque o sustento non está só nesas cabezas que resaltan o equilibrio, pouco farían sen a liberdade de sentirse unlla protexendo carne, sempre así.
A mostra pode verse até o 30 de xuño no Centro Cívico Cultural de Malpica de Bergantiños.