Evento

Exposición de José Fuentes Esteve en Ribeira

2022-07-12
09:00 h
Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital / Lugar de Outeiro
José Fuentes diante dun cadro da súa autoría.
photo_camera José Fuentes diante dun cadro da súa autoría.
A mostra recolle parte da obra que José Fuentes Esteve produciu durante o período 2006-2022

José Fuentes Esteve amosa agora no Museo do Gravado de Ribeira unha retrospectiva da súa obra gráfica que percorre o período 2006-2022, a través da exposición de vinte series, que se corresponden coa metade das que leva realizado desde 2002.

Este xeito de traballar en series foi explicado polo propio artista como unha forma de desenvolver a súa obra a partir de tres premisas: unidade temática, unidade técnica e unidade temporal de execución, como as clásicas unidades aristotélicas.

Na súa obra gráfica non só están presentes a pericia e a innovación técnica permanente, senón tamén a unión entre o vencello persoal e biográfico das obras e a transmutación da materia, matriz e papel.

A exposición poderá verse até o 30 de agosto na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.