
Comisariada por Silvia Oviaño, Indómitas é unha mostra audiovisual artellada en torno a 12 mulleres con historias moi diferentes tras de si: Paula Mouzo, percebeira de Camariñas; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Luisa Méndez, escaladora; Lula Goce, artista urbana e muralista; Tanxugueiras, grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío; Nuria Bravo, pilota de helicópteros; Rocío Antela, mineira e enxeñeira de minas; Teresa Bedman, exiptóloga; Almudena Bernabeu, avogada especializada en dereitos humanos; e Alicia Sornosa, primeira muller no Estado que deu a volta ao mundo en moto en solitario.
Todas elas representan modelos inspiradores en profesións e ámbitos tradicionalmente non conquistados por mulleres.
A mostra estará na cidade ferrolana até o 27 de maio na Sede Afundación.