
A mostra Galiza profunda é un conxunto de olladas á realidade do rural galego na ilustración e mais na fotografía contemporáneas coa participación de Lidia Cao, Pampillo Store, Mary de Lirios, Iria Ribadomar, Acontravento-Pruden TT, Cavalinho do Demo, Xiralúa, Ariadna Silva Fernández, Sabela Eiriz, Alberte Peiteavel, Rosa de Cabanas, Rebeca Lar, Alejandro Mosquera e Neka como artista convidada.
Conflúen nunha idea crítica que pretende romper coa visión clasista, reaccionaria, costumista e incluso denigrante que se ten do rural galego que o único que consegue é xerar un odio propio de difícil erradicación, que se estende a toda a cultura galega e produce un desvencellamento das cidades e constrúe un muro invisíbel pero realista.
A exposición estará exposta en MUR Marxinal até o 28 de maio.