Evento

A exposición "Galiza: un pobo, unha selección" chega a Bueu

2022-04-19
17:00 h
Pavillón Municipal Pablo Herbello / Rúa Staffan Mörling
A mostra presenta a selección galega en diferentes deportes.
photo_camera A mostra presenta a selección galega en diferentes deportes.
O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu acollerá a mostra até finais de abril 

O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu acollerá ata finais de abril a exposición “Galiza: un pobo, unha selección”, unha mostra que consta dunha vintena de paneis sobre o pasado, o presente e o futuro do deporte galego e as súas reivindicacións a prol das seleccións nacionais galega.

A exposición está promovida por Vía Galega, unha entidade que agrupa máis de 60 colectivos culturais, sociais e deportivos galegos para crear conciencia en defensa dos intereses nacionais.

Con esta campaña a favor das seleccións deportivas galegas pretende reclamar o dereito a que Galiza poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todos os deportes, tanto nas seleccións femininas como masculinas.

Para alén disto, tamén procura fortalecer a autoestima e a conciencia nacional mediante o deporte; potenciar os deportes galegos, a súa historia e a importancia para a nosa cultura; e incidir na galeguización do deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A mostra pode verse de segundas a sextas até finais de abril, entre as 17.00 e as 22.00 horas.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.