
O Museo Liste acolle a obra da artista María X. Fernández que, dentro do Proxecto Cabodano, comisariado por Manuel Sendón e J. L. Suárez Canal, reivindica a memoria da actividade editorial do CEF a través da intervención, a cargo dos artistas convidados, dos libros pertencentes á colección Do Trinque .
A proposta da artista é o resultado do traballo realizado sobre o volume dedicado a Milagros De La Torre, fotógrafa peruana.
Pezas como Degradación tonal, Mórulas do mal, Buraco do inferno ou Do revés, poboarán a Sala de A arte de curar que a artista elixiu como contedora da súa obra.
María Xosé Fernández é artista visual de formación autodidacta, o seu traballo transita con liberdade cun claro carácter experimental