Evento

Exposición en Cuntis: "Aquantina" de Nolo Suárez e Nando Pereiro

2022-09-13
16:00 h
Casa da Cultura Roberto Branco Torres / Praza das Árbores
Escultura e pintura de Nando Pereiro e Nolo Suárez.
photo_camera Escultura e pintura de Nando Pereiro e Nolo Suárez.
A exposición de Nolo Suárez e Nando Pereiro poderá verse até o 30 de setembro na Casa da Cultura Roberto Branco Torres

Unha homenaxe á contorna de Cuntis onde predomina o termalismo como base xeral para ir desenvolvendo distintas arestas que se inscriben no pasado, na historia destas terras.

As pinturas de Nolo Suárez, tanto figurativas como abstractas, reflicten a contemporaneidade do autor, 12 traballos que acompañados das 9 esculturas de Nando Pereiro fan a combinación perfecta.