
Na exposición Relatos pódense apreciar 21 obras nas que se reúnen cadros dos últimos anos, todos realizados en óleo ou con técnicas mixtas, e en formatos que van desde os vinte e dous centímetros até case o metro e medio.
Coas súas pinturas, a artista trata de contar unha historia ao público, sempre dando forma a unha pintura moi creativa na que se representan fundamentalmente figuras.
Con exposicións permanentes no Museo Provincial de Lugo, no Pazo de Mariñán da Deputación da Coruña, no Concello de Betanzos ou na galería de arte coruñesa Xerión e na compostelá José Lorenzo, Marta Pardo de Vera é, na actualidade, referencia pictórica contemporánea.