
Exposición colectiva adicada ao artista Xulio Maside, falecido en Abril de 2022. Poderá verse até o 17 de xuño no Polígono Industrial do Tambre.
A mostra acolle distintos artistas, entre os que se atopan Manuel Quintana Martillo, Morquecho, Pardiñas, Vicente Prego, Rafael Masiá, e tamén inclúe algunha obra do propio Maside, cedida pola súa familia.
O comisario da exposición, Manuel Nieto, que tamén expón nesta mostra, explica que a exposición é unha homenaxe a Xulio Maside por toda a súa carreira artística e pola preocupación mostrada durante a súa traxectoria polo arte en Compostela amais de actuar como precursor da chegada da obra de seu tío, Carlos Maside, á propia cidade de Compostela.