Evento

Exposición a ceo aberto en Vigo: "A casa da Galiza"

2022-07-13
h
O Farol de Urzáiz / Rúa Urzáiz
Su Garrido cantou na inauguración da exposición.
photo_camera Su Garrido cantou na inauguración da exposición.
A exposición "A casa da Galiza" poderá verse no Farol de Urzáiz até o vindeiro 20 de xullo

Exposición a ceo aberto sobre os 50 anos da casa de Rosalía, con Pepe Barro de comisario e que se centra en facer un repaso pola historia do museo de Rosalía de Castro lembrando, de forma significativa, o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir comprar, restaurar e dar vida ao museo da casa da escritora, grazas, sobre todo, á colaboración desinteresada de milleiros de persoas.

A mostra sitúase no Farol de Urzáiz, ao carón do museo Marco.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.