Evento

Exposición en Cambados: "Construcións en madeira" de Enrique Conde

2022-09-20
11:30 h
Espazo Torrado / Rúa Príncipe, 10
Unha obra do artista Enrique Conde.
photo_camera Unha obra do artista Enrique Conde.
A exposición de Enrique Conde poderá verse até o 30 de outubro no Espazo Torrado de Cambados

Exposición do artista establecido en Caldas de Reis que ofrece unha visión ancorada na fibra da madeira, algo vivo para mostrar distintas peculiaridades da vida, fases que non escapan aos anos.

As propostas pretenden que a linguaxe estabelecida do autor coa madeira e, polo medio, cos asistentes debe ser interceptada e interpretada entre o segredo, o sublime e o obxecto, todas fases arrincadas da pel.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.